Á lus do candil

by Ánxel Fole

2020-05-15 10:01:06

A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular. A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolució... Read more
A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular. A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura. Less

Book Details

PublisherEditorial Galaxia S.A.
Publication date April 17, 2012
ISBN9788498658750

Compare Prices

Store Availability Book Format Condition Price
Barnes & Noble In Stock NOOK Book NOOK Book Buy USD 14.99
Barnes & NobleIn Stock
Format
NOOK Book
Condition
NOOK Book
Buy USD 14.99
Available Discount
No Discount available

Join us and get access to all
your favourite books

Sign up for free and start exploring thousands of eBooks today.

Sign up for free